Quecarallo

Versión completa: Escribe o teu Poema Aniversario Nacemento Rosalía de Castro ]
Actualmente estas viendo una versión simplificada de nuestro contenido. Ver la versión completa con el formato correcto.
Pois si, hoxe cúmplese o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Desde diversas organizacións e colectivos estase a traballar reivindicando este día e pedindo os organismos políticos que nomeen o 24 de Febreiro coma Día de Rosalía de Castro.Até agora máis de trinta xa o fixeron ou están en proceso de facelo, comezando pola Coruña, A Estrada, A Guarda, A Pontenova, Arteixo, Arteixo, Betanzos, Cangas, Ferrol, Laracha, Muros, Narón, O Rosal, Ponteareas, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Santiago, Teo, Tui, Valdoviño, Viana do Bolo, listaxe que irá aumentando nos próximos días segundo se vaian celebrando os plenos

Pois iso, a proposta que está a circular pola rede é que cada unha das persoas coloque nun foro,tablón de facebook/twitter/tuenti etc un poema desta ilustre galega.

Eiquí deixo os 2 meus :

Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
... cando eres, ¡ai!, tan hermosa.
Cal si na infamia naceras,
torpe, de ti se avergonza,
i a nai que un fillo despreza
nai sin corazón se noma.
Naide por que te levantes
che alarga a man bondadosa;
naide os teus prantos erixuga,
i homilde choras e choras.
Galicia, ti non tes patria,
ti vives no mundo soia,
i a prole fecunda túa
se espalla en errantes hordas,
mentras triste e solitaria
tendida na verde alfombra
ó mar esperanzas pides,
de Dios a esperanza imploras.
Por eso anque en son de festa
alegre á gaitiña se oia,
eu podo decirche:
Non canta, que chora.

------------------------

Aqués que tén fama de honrados na vila,
Roubáronme tanta brancura que eu tiña;
Botáronme estrume nas galas dun día,
... A roupa decote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
Ó raso cas lebres dormín nas campías;
Meus fillos..., ¡meus anxos!..., que tanto eu quería,
¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
I en tanto, os raposos de sangre maldita
Tranquilos nun leito de rosas dormían.

-Salvademe ¡ou, xueces!, berrei..., ¡tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
- Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño...¡Ne-as herbas sentía!
I a lúa escondiase, y a fera dormía
Cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
Tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... ¡estonces!, cumpreuse a xustiza:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
é unha fermosa data. Rosalía merece todo e máis
Yo vivo al lado de la casa de Rosalía de Castro, cuando llegue a casa ya le daré las felicidades =D
Yo aparte del mítico de adíos ríos e adíos fontes me sé este.

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Y este:

Este vaise y aquél vaise,
e todos,todos se van;
Galicia,sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés,en cambio,orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

Luego hay muchos que me gustan pero son en castellano Big Grin
URLs de referencia