|
Mais outro caso de " racismo lingüístico" nun xulgado en Vigo
|
|
06-22-2012, 12:34 PM
Mensaje: #1
|
|||
|
|||
Mais outro caso de " racismo lingüístico" nun xulgado en Vigo
![]() Uploaded with ImageShack.us É unha decisión “absurda e totalmente contraria a dereito” da secretaria xudicial, mais A Mesa advirte de que "non é a primeira vez que se producen discriminacións tan graves contra o galego nos xulgados". Carlos Callón: “Vai sendo hora de que se tomen medidas contra o continuado racismo lingüístico na administración de xustiza”. A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia un novo e grave caso de discriminación contra o idioma galego na Administración de Xustiza. Neste caso, unha demanda presentada en Vigo ten a ameaza de ser rexeitada polo feito de estar escrita na lingua que o Estatuto de Autonomía recoñece como “propia” e tamén “oficial” de Galiza. O presidente da entidade social en defensa do galego, Carlos Callón, apunta que “non é a primeira vez que acontece unha situación tan absurda e discriminatoria como esta” e reclama que “as administracións implicadas abran dunha vez os ollos e tomen medidas, porque xa está ben de racismo lingüístico, non podemos ser menos por querer usar o noso idioma”. Por iso, desde A Mesa enviaranse cartas de queixa á Xunta de Galiza, ao Goberno central, ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Callón salienta ademais que “pedir nin máis nin menos que unha tradución xurada parece feito para escarnecer a lexítima e legal opción de usar o noso idioma ante a administración de xustiza”. “Non pode ser que a administración que debe velar polos nosos dereitos, tamén os nosos dereitos lingüísticos, sexa a primeira en vulneralos”, conclúe. http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/291 |
|||
|
06-22-2012, 08:21 PM
Mensaje: #2
|
|||
|
|||
|
RE: Mais outro caso de " racismo lingüístico" nun xulgado en Vigo
Muy de acuerdo con lo que dice Galiza Ceive. Me parece muy absurdo lo que cita la carta.
Lo que me anonada no es que me hayas mentido, sino que en lo sucesivo no podré creerte. |
|||
|
06-22-2012, 10:14 PM
Mensaje: #3
|
|||
|
|||
|
RE: Mais outro caso de " racismo lingüístico" nun xulgado en Vigo
Que tontería....
Unlimited Blade Works |
|||
|
06-23-2012, 08:44 AM
Mensaje: #4
|
|||
|
|||
|
RE: Mais outro caso de " racismo lingüístico" nun xulgado en Vigo
Entón o galego como lingua sí é de raza ló¿?
Desgraciadamente é algo habitual a discriminación lingüística aquí e xa poucos se escandalizan con isto e outros que pensan que é queixar por queixarse, somos dados a cagarnos no que os nosos avós nos legaron. ....A muller promíscua é unha perigosa aposta evolutiva.... |
|||
|
06-23-2012, 08:50 AM
Mensaje: #5
|
|||
|
|||
RE: Mais outro caso de " racismo lingüístico" nun xulgado en Vigo
(06-23-2012 08:44 AM)kallaikoi77 escribió: Entón o galego como lingua sí é de raza ló¿? É unha expresión sen nengún fundamento máis.Por iso publico isto,porque a meirande parte pensa que o galego xa goza de igualdade e incluso ate está imposto!. |
|||
|
06-25-2012, 08:20 AM
(Este mensaje fue modificado por última vez en: 06-25-2012 08:21 AM por kallaikoi77.)
Mensaje: #6
|
|||
|
|||
|
RE: Mais outro caso de " racismo lingüístico" nun xulgado en Vigo
A discriminación lingüistica tamén ocorre nas entrevstas de traballo, algo moi complicado de poñerlle remedio, pois cada un contrata a quen quere...
Se nunha entrevista de traballo falas un galego normativo saido da tvg, pénsante un bloqueiro e sindicalista polo que dependendo de onde vaias serache complicado que te collan, se falas un galego do pobo con gheada e seseo pénsante paleto puxeras o que puxeras en apartado de estudios. ....A muller promíscua é unha perigosa aposta evolutiva.... |
|||
|
06-26-2012, 12:54 PM
Mensaje: #7
|
|||
|
|||
|
RE: Mais outro caso de " racismo lingüístico" nun xulgado en Vigo
O problema comeza cando redactas o teu curriculum en galego.A semana pasada estiven a deixar curriculums e nun sitio xa me advertiron en información que estando redactado en galego ía ter dificultades ( política de empresa).É certo o que ti dis,mas toda esa xente terá que pensar porqué a xente do rural e os nacionalistas son os que falan galego e os que a miudo promocionaan escribindo libros,facendo obras de teatro,xornais,revistas de humor etc etc.
|
|||
|
« Tema previo | Tema siguiente »
|
| Posibles temas similares... | |||||
| Tema: | Autor | Respuestas: | Vistas: | Último mensaje | |
| ¿Cal é o deporte máis duro de todos? | Lestrade | 34 | 4.269 |
10-19-2012 09:57 PM Último mensaje: Strait |
|
| estarias disposto(a) liarte persona que che leve uns 15 ou mais anos | jm72lu | 32 | 1.270 |
10-19-2012 09:17 PM Último mensaje: en0ki |
|
| cal credes que é o lugar máis romántico do universo? | bagoadaestrela | 16 | 616 |
09-09-2012 12:13 PM Último mensaje: felina |
|
| Carreiras con mais demanda laboral | sheldon | 20 | 1.564 |
08-06-2012 01:43 PM Último mensaje: Nemain_lessPaul |
|
| Conciertico de Caraba en Vigo HOY! | dresiss | 0 | 219 |
08-04-2012 01:17 PM Último mensaje: dresiss |
|
Usuario(s) navegando en este tema: 1 invitado(s)






![[Imagen: 54532235094495497148713.jpg]](http://img69.imageshack.us/img69/7137/54532235094495497148713.jpg)


