Tenda Quecarallo


Enviar resposta 
 
Cualificación:
  • 0 votos - 0 Media
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

O sector Naval esmorece...

01-27-2012, 11:43 AM
Galicia: #1
O sector Naval esmorece...
Pois iso, que xa levamos bastante tempo vendo coma políticos e empresarios non moven un dudo pola defensa dos postos de traballo do sector naval, en especial a de Vigo. Ano tras ano tentaron mediante convenios rebaixar os dereitos dos traballadores e traballadoras, e agora con unha forte crise capitalista entre ERE´s e a deixadez vemos coma vai caminho do abismo. Onte celebrouse unha manifestación en defensa deste sector en Vigo convocada pola CIG.

Video :

http://www.galizacig.com/avantar/node/27496/

Máis de 5.000 persoas claman en Vigo contra a inacción dos Gobernos español e galego fronte á crise do sector naval
Ao remate da manifestación convocada pola CIG denunciouse a falta de vontade política para salvar unha industria básica para a comarca
Máis de 5.000 persoas participaron esta tarde en Vigo na manifestación convocada pola CIG en defensa do naval. Dende a central nacionalista denunciaron a falta de vontade política para solucionar a grave crise que atravesa o sector e reclamaron a implicación dos Gobernos español e galego cunha industria fundamental para a comarca e estratéxica para o conxunto da economía do país.
2012 01 26ManifaNavalVigo00

Milleiros de veciños e veciñas de Vigo e das comarcas próximas responderon ao chamamento feito pola CIG e participaron nunha nova mobilización en defensa do naval, conscientes da importancia do sector para a economía da cidade e da súa área de influencia.

Durante a marcha, que partiu de Vía Norte pasadas as oito da tarde e rematou fronte á delegación da Xunta hora e media despois, berráronse consignas como “Naval solución”, “Con estes empresarios imos de cu”, “Feijóo cacique, Galiza vai a pique” ou “Xunta atende, o naval non se vende”. Abría a comitiva unha faixa co lema “Pola defensa do emprego na comarca. Salvemos o sector naval”, tras a que ían os responsábeis do sector do Metal do sindicato nacionalista, así como o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero.

Ao remate da mobilización tomou a palabra o secretario nacional do Naval da CIG. César Rodríguez ofreceu algúns datos para exemplificar a importancia do sector no conxunto da economía da comarca: supón o 30% da riqueza e deu emprego a máis de 10.000 persoas de xeito directo.Tamén alertou de que a súa desaparición arrastrará consigo a outros sectores, como é o caso do comercio local, que atravesa xa unha situación complicada.

Rodríguez explicou que o sector non se atopa en crise xa que hai países europeos que están a pechar contratos e teñen proxectos firmados para varios anos. “O que estamos a padecer aquí é unha reconversión encuberta para favorecer os países con máis peso que o Estado español na Unión Europea”. Nesta liña, criticou con dureza a falta de implicación do Goberno central e da Xunta de Galiza, “sen esquecernos dos Gobernos municipais, que tampouco están a dar a cara polos seus veciños/as”. Finalmente, augurou un empeoramento da situación a medida que se vaian confirmando os ERE´s extintivos presentados e animou a todos e todas as presentes a seguir coas mobilizacións como único xeito de salvar o sector.

Continuar coas mobilizacións

A continuación falou o secretario comarcal da CIG de Vigo. Serafín Otero fixo fincapé en que a CIG seguirá a mobilizarse na defensa do sector “porque non nos resignamos a ver como esmorece definitivamente unha industria estratéxica para Vigo e Galiza”. Tamén incidiu na situación “crítica” que viven moitos traballadores/as do sector que agora están no paro “e que teñen esgotadas xa todas as prestacións por desemprego”.

Neste senso, denunciou que a inactividade do Goberno español e da Xunta de Galiza está a condenar a milleiros de persoas á miseria, “mentres continúan a encher o bandullo dos especuladores, da banca e do grande capital”. O secretario comarcal da CIG de Vigo cargou tamén durante o seu discurso contra o PP, partido que goberna en España e no país. “Non fixeron nada para defender o sector, só ofrecen escusas de mal pagador mentres outros países da Unión Europea seguen a gozar de bonificacións fiscais”. Reclamou a implicación das Administracións na defensa do noso dereito a producir na Unión Europa e amosouse partidario da intervención pública no sector “xa que a iniciativa privada continúa a amosarse incapaz de reactivar a produción nos estaleiros”.

Finalmente, aproveitou a súa intervención para atacar o recente acordo entre patronal e sindicatos para conter os salarios e criticou a política de pacto social porque “non é momento de pactar perda de dereitos senón de mobilizarse para garantir o futuro das vindeiras xeracións”.

O acto reivindicativo pechouse coa interpretación do Himno Galego.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-27-2012, 12:03 PM
Galicia: #2
RE: O sector Naval esmorece...
(01-27-2012 11:43 AM)GalizaCeive Escribiu:  Finalmente, aproveitou a súa intervención para atacar o recente acordo entre patronal e sindicatos para conter os salarios e criticou a política de pacto social porque “non é momento de pactar perda de dereitos senón de mobilizarse para garantir o futuro das vindeiras xeracións”.


A U.X.T. e a C.C.O.O. están moi liadas porque Candido Méndez e Fernandez Toxo teñen moito traballo comendo mariscadas cá patronal. Nestas cousas é onde se vé cales son os sindicatos e cales se dedican a facer o paripé.

A min cada día me avergonza máis esta sociedade, na que os sindicatos venden aos traballadores e siguen tendo afiliados, e esto dinos que a sociedade é corrupta dende a base, e aínda os apoia.


Pero esto pasa por que os que mandan viven nun clima de absoluta tranquilidade, posto que viven nun clima de absoluta tranquilidade, posto que fan o que queren e non lles vai pasar nada porque a sociedade é totalmente sumisa.


Que ben lles venía a Mendez e Toxo un aviso dende o diario gara.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-27-2012, 12:49 PM
Galicia: #3
RE: O sector Naval esmorece...
Bueno maikel é así esta sociedade...A maioria dos obreiros votan PP ousexa que así está o percal.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-27-2012, 01:56 PM
Galicia: #4
RE: O sector Naval esmorece...
os nosos políticos non teñen nivel e así nos vai
pra facer negocios hai que ter cartos e pelotas pra movelos

... polo río abaixo vai unha troita de pé corre que te corre que non a hei pillar...
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-27-2012, 05:25 PM (Esta mensaxe foi modificada por última vez no: 01-27-2012 05:26 PM por Mewmewmew!.)
Galicia: #5
RE: O sector Naval esmorece...
EL naval gallego va a morir, a menos que los precios del naval asiático suban. Es inevitable. El problema del naval es que tiene unos costes por las nubes, y el goteo de contratos empieza a ser preocupante.
Visita seu sitio web Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-27-2012, 09:36 PM
Galicia: #6
RE: O sector Naval esmorece...
O problema coma explican por ahí que noutros paises da UE funcionan con bo rendimento, e aquí poderian ter carga de traballo de sobre. O que pasa que queren facer unha gran reconversión.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-10-2012, 11:22 AM
Galicia: #7
RE: O sector Naval esmorece...
http://blip.tv/galiza-contrainfo/mobiliz...1a-5945780

5.000 traballadores/as do naval de Ferrol maniféstanse polas rúas da Coruña en demanda de carga de traballo
A CIG valora positivamente a resposta ás mobilizacións, pero esixe do goberno español e galego actuacións urxentes para salvar o sector
Uns 5.000 traballadores/as do naval de Ferrol, acompañados por sindicalistas e cidadáns solidarios, manifestáronse este xoves polas rúas da Coruña até a Delegación do Goberno español na Galiza en demanda de carga de traballo e solucións para un sector que se atopa nunha gravísima situación. Ao remate da marcha, unha representación do persoal reuniuse co delegado da institución estatal, ao que esixiron que defenda as súas reivindicacións diante dos Gobernos galego e español para lograr compromisos para salvar un sector do que dependen máis de 17.000 empregos en toda Ferrolterra.

http://www.galizacig.com/avantar/novas/9...n-demanda-
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-12-2012, 11:44 PM
Galicia: #8
RE: O sector Naval esmorece...
Levo vivindo un anos en Vigo, e vin de cerca as protestas do naval. Tamen coñezo xente que traballaba ali e comentaronme unha cousa moi curiosa. Parte dos contratos perderonos precisamente por culpa dos sindicatos cando fixeron un paron de non sei cantos dias. As entregas non se puideron facer no plazo establecido e as empresas foron encargar os seus pedidos a outros astilleros. Segun me contaron habia moitos traballadores que non estaban de acordo con parar tantos dias porque sabian que eso seria a gota que colmaria o vaso.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-13-2012, 12:01 AM
Galicia: #9
RE: O sector Naval esmorece...
Os paróns sindicais foron aprobados por asambleas nas cuais votaron os traballadores e saiu o SI masivamente.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-13-2012, 10:25 AM
Galicia: #10
RE: O sector Naval esmorece...
(02-13-2012 12:01 AM)GalizaCeive Escribiu:  Os paróns sindicais foron aprobados por asambleas nas cuais votaron os traballadores e saiu o SI masivamente.
Eso é certo, pero tamén é certo que a medida que pasaron os dias houbo xente que cambiou de opinión.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
Enviar resposta 


Salto de foro:


Usuario(s) navegando neste tema: 1 convidado(s)

  • Anunciarse (En Construcción)
  • Métricas (En Construcción)