Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo |
|
02-17-2012, 06:59 PM
|
|||
|
|||
|
Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo
---------------------------------------------------------------- http://www.galizacig.com A CIG fixa a convocatoria de folga xeral nacional para o xoves 29 de marzo O secretariado confederal acordou a data da mobilización contra a nova reforma laboral do PP O Secretariado Confederal da CIG, reunido este venres, día 17 de febreiro, acordou fixar a data da convocatoria de folga xeral para o día 29 de marzo. Así o comunicou o secretario xeral, Suso Seixo, quen explicou que para tomar esta decisión tívose en conta que durante o mes de marzo entrarán a debate, no Congreso, a reforma laboral e os Orzamentos Xerais do Estado e que para esa mesma data, tamén convocou folga xeral a maioría sindical vasca. Seixo, que compareceu en rolda de prensa acompañado polo secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo, explicou que no decurso desta semana, a CIG mantivo reunións con CCOO e UGT para intentar acordar a convocatoria conxunta da folga xeral. O acordo non foi posíbel, malia o que a central sindical, tal e como se valorou no Secretariado, estaría disposta a facer coincidir a data de folga xeral coa destas centrais sindicais, se finalmente decidiran convocala. “Non imos aparecer con dúas datas de folga xeral en Galiza”, dixo, aclarando que, en todo caso, “a iso queremos pórlle unha temporalidade. Se van a aparecer convocando para o mes de abril, maio ou xuño, non nos vale”. O secretario xeral da CIG sinalou que o mes de marzo é determinante porque estarán a debate, no Parlamento español os orzamentos do Estado, que “van impor recortes durísimos para reducir o déficit en 40.000 millóns de euros”. Uns orzamentos que serán, dixo, para “botarse a tremer”. Tamén, durante o mes de marzo entrará a debate, por vía de urxencia, a reforma laboral, mediante un Proxecto de Lei, o que obriga, dixo, a convocala nese mesmo mes. A este respecto lembrou que cando se debateu a reforma das pensións, tamén se mantiveran xuntanzas con CCOO e UGT “en reiteradas ocasións”, para abordar a necesidade de ir a unha folga xeral antes de que se aprobara a lexislación nesa materia. “Eles o que fixeron foi pór como liña vermella a idade dos 65 anos e despois fixeron saltar esa liña vermella e terminaron pactando a xubilación aos 67. Moito nos tememos que nestes momentos esteamos ante un escenario parecido”, afirmou, “que estean intentando chegar a acordos con Rajoy para dulcificar certos aspectos da reforma, para logo vendela como algo positivo e non estamos dispostos a caer nese tipo de trampas”, engadiu. O maior ataque á clase traballadora desde a transición Para a CIG a reforma laboral é “o maior ataque que se fixo á clase traballadora desde a transición” e supón “cargarse” o dereito do traballo tal e como estaba concibido até o de agora. “A normativa pretendía dar amparo á parte máis feble nas relacións laborais, que é a clase traballadora. Con esta reforma laboral dáselle a volta cunha normativa ao servizo do empresariado”, sostén Seixo. Agora os empresarios poderán “decidir unilateralmente as condicións laborais da clase traballadora en aspectos básicos como salario, xornada ou mobilidade funcional nas empresas”, dixo, desmentindo que vaia favorecer a creación de emprego. De feito, para desmontar a teoría de que o problema do paro é a lexislación laboral, lembrou que, coa mesma normativa no País Vasco o desemprego é do 12,5%, mentres que en Andalucía está no 31% e que no período 2001-2007, tamén con esa lexislación, creáronse millóns de postos de traballo. “Agora vaise facilitar e abaratar o despedimento, poñendo man de obra barata no mercado, substituíndo emprego fixo por temporal e propiciando que os pais e nais deixen os seus postos de traballo de forma barata, para que se contrate aos seus fillos pola metade de prezo”. Seixo salientou tamén que se reduce a indemnización de 45 a 33 días por ano; foméntase o despedimento por causas obxectivas, pasando a ser de 22 días por ano; posibilítase o encadenamento de contratos de formación ou aprendizaxe até os 30 anos; créase unha nova modalidade de contrato indefinido, “e hai que ter moito valor para chamarlle así”, cun período de proba de un ano. Período no que se vai poder despedir sen pagar indemnización algunha. A reforma tamén baleira de contido a negociación colectiva ao priorizar o convenio de empresa fronte o convenio de sector. “Estase xeneralizando o dumping social, porque vai provocar unha carreira entre empresas para asinar convenios por debaixo dos de sector e non só iso, tamén por debaixo do da empresa que fai a mesma actividade e que está 100 metros máis alá”, explicou. A isto engadiu a posibilidade de que as empresas se poidan descolgar dos convenios colectivos, non só de sector, senón os propios convenios de empresa, se poden xustificar problemas de competitividade ou que van caer as súas vendas. Ademais, alertou do seguinte paso que quere dar a patronal, que é reformular o dereito de folga, baleirándoo tamén de contido, sen eliminalo, porque é un dereito constitucional. Con este panorama, para a CIG existen razóns de sobra para convocar a folga xeral, á que se agarda que se sumen pequenos sindicatos de estado. Entrementres, CCOO e UGT mantéñense na ambigüidade. |
|||
|
03-02-2012, 10:41 AM
|
|||
|
|||
|
RE: Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo
Asemblea informativa en Vigo :
" Se non luitamos non nos quedará nen dignidade" |
|||
|
03-02-2012, 11:32 AM
|
|||
|
|||
|
RE: Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo
Despido más barato, contratos en formación hasta los 30 años, contratos indefinidos con un año de prueba... Lo triste es que no va a pasar nada, porque la mayoría de la gente está extorsionada por sus deudas y va a trabajar por 640 euros. Yo en esta reforma no veo medidas para favorecer a las PYMES sino que favorece a las grandes empresas. Yo conozco al dueño de un restaurante y el cree que va a ser beneficiosa, pero como yo le dije, si los salarios bajan y aumenta la inseguridad laboral por el despido más barato, lo primero que hace todo el mundo es reducir gastos inecesarios, y si se reduce el consumo las primeras afectadas son las pequeñas empresas.
Yo creo que las huelgas no van a tener éxito (yo voy a ir), porque la gente va a decir "estos son los rojos que están resentidos por la paliza que les dimos en las urnas". A las huelgas no creo que asista mucha gente, pero quejarse se va a quejar todo dios, pero no en el sitio donde hay que hacerlo, porque ya estoy cansado de que la gente que no fue a votar porque "por mi voto no va a cambiar nada" esté siempre con lo de "está todo muy mal" pero no hacen nada. Pero bueno, lo duro viene después del 25 de Marzo que son las elecciones andaluzas y Javier Arenas tiene que ganar. Casualmente los presupuestos generales se presentan en torno al 30 de Marzo, que casualidad. |
|||
|
03-02-2012, 11:42 AM
|
|||
|
|||
|
RE: Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo
HACE FALTA YA UNA HUELGA GENERAL!!!
El que nada duda, nada sabe. |
|||
|
03-02-2012, 12:25 PM
|
|||
|
|||
|
RE: Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo
xa hai folga xeral o 29 de Marzo en Galiza convocada pola CIG,CGT,CNT e CUT en Euskal Herria por ELA e LAB e en canarias polos sindicatos de alí. Agora están presionando a CCOO e UGT para que convoque en todo o estado.
|
|||
|
03-02-2012, 09:10 PM
|
|||
|
|||
|
RE: Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo
Alegrome da nova. Folga Xeral é o mínimo que se pode facer ante a morea de abusos que estamos sofrindo: recortes, despidos, baixadas salariais brutais... Todo o retroceso social que nos toca dubido que mellore inda que saiamos da crise. Estamos a perder todo aquelo polo que loitaron nosos pais e avós coa excusa da Crise.
E onte oficialmente entrou en vigor a "Lei Sinde", que o fillo de puta de Wert di que a vai aplicar a raxa-taboa. |
|||
|
03-25-2012, 01:34 PM
|
|||
|
|||
|
RE: Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo
|
|||
|
03-27-2012, 06:43 AM
|
|||
|
|||
|
RE: Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo
Eu salvo que mañán me convoquen de última hora para servicios mínimos,pois non traballarei,pero vexo na xente que ánimos de ir a folga hai poucos....uns por medo a represalias,outr@s porque dín que agora non se soluciona nada....
Coma sempre o Goberno dirá que foron entre un 10 e un 30% e os sindicatos entre un 70 e un 90%,eu creo que a cousa pode andar nun 50-60% |
|||
|
03-27-2012, 10:49 AM
|
|||
|
|||
|
RE: Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo
Yo iré a Coruña...
El que nada duda, nada sabe. |
|||
|
03-27-2012, 12:29 PM
|
|||
|
|||
|
RE: Folga Xeral en Galiza 29 de Marzo
yo ire cuando se hable de soluciones de verdad, esta claro que pacificamente quedas muy bien por la tele y tal, pero no se consigue nada...
Quiero perfumar mi alma con gotas de ti |
|||
|
« Tema previo | Tema seguinte »
|
| Posibles temas similares... | |||||
| Tema: | Autor | Respostas: | Vistas: | Última mensaxe | |
| A CIG convoca unha nova xornada de folga xeral para a primeira quincena de xuño | GalizaCeive | 4 | 112 |
04-24-2012 03:28 PM Última mensaxe: GalizaCeive |
|
| 27 XANEIRO : FOLGA XERAL EN GALIZA | GalizaCeive | 4 | 942 |
01-14-2011 02:46 PM Última mensaxe: GalizaCeive |
|
| Un pouco de Historia : A Desaparición do Reino de Galiza na Historiografía Española | GalizaCeive | 1 | 579 |
12-07-2010 07:58 AM Última mensaxe: Lestrade |
|
Usuario(s) navegando neste tema: 1 convidado(s)


Inicio
Búsqueda
Facebook
Twitter
Chat
Axenda de Concertos
Axuda






Sindicación RSS
Arquivo (Modo sinxelo)
Problemas? / Suxestións
Contáctanos
Anunciarse (En Construcción)
Métricas (En Construcción)