Tenda Quecarallo


Enviar resposta 
 
Cualificación:
  • 1 votos - 5 Media
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Falece Isaac Díaz Pardo

01-05-2012, 11:21 AM (Esta mensaxe foi modificada por última vez no: 01-05-2012 11:35 AM por GalizaCeive.)
Galicia: #1
Falece Isaac Díaz Pardo
Falece o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo
Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920) finou tras levar ingresado no hospital San Rafael de A Coruña dende o pasado 22 de decembro afectado por unha neumonía.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oci...612870.htm

Galicia perdeu hoxe a un dos intelectuais galeguistas da época actual. Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920) finou tras levar ingresado no hospital San Rafael de A Coruña dende o pasado 22 de decembro afectado por unha neumonía.

O columnista de La Voz de Galicia ata o ano 2009 co seu espazo Crónicas inconformistas, tivo unha educación marcada polo contacto cos máis importantes intelectuais galeguistas do momento, como Castelao ou Cabanillas, reunidos no obradoiro do seu pai, o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño. O seu compromiso con Galicia iníciase en 1936, cando participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.

Entre 1939 e 1942 estudou Belas Artes na Escola de San Fernando, en Madrid, participando nunha experiencia pioneira sobre deseño industrial. Tras rematar os seus estudos, pasou a ter unha plaza de profesor na Real Academia de Belas Artes de San Jorge de Barcelona. Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que visaba, por un lado, a modernización e internalización da cultura galega e, por outro, a rexeneración da desartellada historia de Galicia.

Abandonou as artes plásticas para adicarse á cerámica e fundar con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro en Sada (onde o nomearían fillo predilecto), ensaiando con materias primas usadas nas primitivas cerámicas de Sargadelos e conseguindo cerámica de gran calidade.

A inxente actividade rexeneradora promovida por Isaac Díaz Pardo atinxe todo tipo de actos e iniciativas en que se plasma a súa idea, afastada das visión folcloristas, dunha nación galega proxectada cara o futuro. No campo literario, o labor do galeguista non se limitou a soster unha plataforma editorial: el mesmo cultivaría varios xéneros, desde o teatro, a crítica e o ensaio ou os carteis de cego, alén dunha continuada presenza nos medios xornalisticos coma La Voz de Galicia.

En 1963, constituiu en Arxentina, xunto con outros destacados galeguistas, como Luis Seoane, o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades industriais e culturais como a restauración da producción de cerámica de Sargadelos, en colaboración cas Cerámicas do Castro, el Museo Carlos Maside, a editorial Ediciós do Castro.

Díaz Pardo tamén cultivou o ensaio e a crítica, producción entre a que habería que destacar os libros: Xente do meu rueiro (Bos Aires, 1954), O ángulo de pedra (Bos Aires), El ceramista Arranz y su escuela (A Coruña, 1960), Galicia Hoy, en colaboración con Luis Seoane (París, 1965), A Nave espacial, en colaboración con Celso Emilio Ferreiro (A Coruña 1970), El Marqués de Sargadelos (A Coruña, 1970), Castelao (A Coruña 1985), Galicia hoy y el resto del mundo (A Coruña, 1987).

A dilatada traxectoria recibiu innumerables distincións e recoñecementos. No ano 1999 recibiu o Premio Santiago Rey Fernández-Latorre na súa modalidade de prensa escrita, polo seu artigo «Lucubrar sobre o futuro para entender algo do presente» e pola súa larga traxectoria intelectual e creadora.

Tamén recibiu outro recoñecemento como: o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidades de Santiago (1988), Premio Otero Pedraio das Diputacións Provinciais (1990), Insigna de Ouro (1991), Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1992) e da Universidades da Coruña (2007), Premio Trasalba da Fundación Otero Pedraio (1993), e a Vieira de Plata do Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1995) entre moitísimos outros.

Víctor Freixanes: “Era un pulmón incansable da cultura galega”

“O mundo da cultura lamenta o falecemento de Isaac Díaz Pardo, e glosa a importancia do seu traballo. Recollemos as reaccóns de pesar a este triste acontecemento.
Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, sinala que “pouco a pouco váisenos a xeración dos históricos, quédannos practicamente Xaime Illa Couto e Avelino Pousa Antelo. Isaac era un pouco a ponte entre a Galicia de aquí e a Galicia do exilio, esa ponte simbólica que conseguiu concretar no proxecto Sargadelos con Luís Seoane. Era un pulmón incansable da cultura galega, e deixa unha marca que é esa visión da cultura que non se fecha en si mesma, senón que busca noutros ámbitos, no mundo da empresa, na economía e nas industrias culturais a súa capacidade competitiva. Supuxo unha marca de modernidade no galeguismo do século XX. Con Luís Seoane formaron aquel grupo de soñadores de Bos Aires que souberon moi ben que había que manter firme a dignidade e que tamén había que voltar e dar aquí a batalla. E fixérono ben”.” Vía Cultura Galega.

http://axendaaelg.blogaliza.org/2012/01/...ra-galega/


http://gl.wikipedia.org/wiki/Isaac_D%C3%ADaz_Pardo
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-07-2012, 07:08 AM
Galicia: #2
RE: Falece Isaac Díaz Pardo
Unha mágoa....téñoo visto algunhas veces por Santiago e xa se vía que o tiñan que ir acompañando e que ía moi pasiño a pasiño,outro dos bos e xenerosos que se nos vai. D.E.P.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-08-2012, 01:10 PM
Galicia: #3
RE: Falece Isaac Díaz Pardo
Ainda que non sempre foi "Bo e xeneroso"...

Y para muestra, otra anécdota. La década de los 30 eran años convulsos en España. Díaz Pardo estaba a punto de cumplir los 16 cuando estalló la Guera Civil. En ese momento ya pertenecía a las Juventudes Unificadas –organización juvenil que se creó en marzo del 36 como resultado de la fusión de las juventudes comunistas del PCE y del PSOE– y ¡cosas también de la edad!, llegó a caer en la insolencia de llamar reaccionarios a los ‘galleguistas’, encabezados por Castelao y compañía, entre los que se encontraba su padre. “¡Coño có rapaz!”, dice que fue la reacción de Castelao al improperio.

Pero, lo que no pasó de una simple anécdota de juventud todavía le remuerde en la conciencia porque, de los que estaban allí aquel día, dos de ellos fueron inmolados: su padre y Ángel Casal, –alcalde de Santiago–, y Castelao murió en el exilio. “Y yo, imbécil de mí, llamándoles reaccionarios a estos”, se lamenta.

http://www.cronicasdelaemigracion.com/ar...15186.html
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-10-2012, 11:09 AM
Galicia: #4
RE: Falece Isaac Díaz Pardo
Bueno iso hai que entendelo no contexto de que unha parte do Partido Galeguista si era reaccionario, o que pasa que a sua xuventude levou a equiparar a todos por igual.Posteriormente o mesmo da man de Castelao e Alexandre Bóveda foi virando cada vez mais a esquerda, ate integrarse na fronte popular.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
Enviar resposta 


Salto de foro:


Usuario(s) navegando neste tema: 1 convidado(s)

  • Anunciarse (En Construcción)
  • Métricas (En Construcción)