Tenda Quecarallo


Enviar resposta 
 
Cualificación:
  • 0 votos - 0 Media
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Escisión no B.N.G.

02-12-2012, 09:10 PM
Galicia: #1
Escisión no B.N.G.
Parece ser que o Encontro Irmandiño deixa o B.N.G. indose con el,alguns notable do partido....agora a ver o que fan os de Máis Galiza....

En todo caso unha mágoa que cando o B.N.G. ta cos peores resultados dos últimos anos,inda haxa escisións da que nazan máis partidos....que bueno,tampouco ta mal que haxa máis opcións dentro do nacionalismo para votar,depende como se mire....anque eu son de a unión fai a forza.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-12-2012, 09:16 PM
Galicia: #2
RE: Escisión no B.N.G.
Buf, galicia é feudo popular.... se ainda por encima se dividen non sei eu....
O que non entendo e que teñan divisións entre eles e logo pacten co PSOE para gobernar.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-12-2012, 09:18 PM
Galicia: #3
RE: Escisión no B.N.G.
Eu de política o xusto....non vou mentir...o meu compañeiro que e can vello,di que se o B.N.G. fose nacionalismo de dereitas,que tería mellores resultados...¿que opinades os que sabedes disto?
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-12-2012, 09:50 PM
Galicia: #4
RE: Escisión no B.N.G.
Ante todo hai que ter claro que o BNG era unha fronte de partidos e organizacións, polo que isto era previsibel. Co tempo, e con unha crise tan grande, os personalismos, os afáns de protagonismo e os diferentes programas políticos levaron a isto.O BNG está formado por comunistas-independentistas, galeguistas de centro, galeguistas de centro-dereita, independentistas de esquerda ou rexionalistas, e isto é incompativel.

Existe unha nova burguesía nacionalista dentro do BNG representada polo sector +Galiza( o de quintana e aymerich) e o PNG( Partido Nacionalista Galego), que o máos lóxico é que se xuntaran co partido galeguista de centro Terra Galega o cal levou 17 mil votos nas ultimas autonómicas, con Converxencia XXI, un partido galeguista liberal e con todo o sector da boina do PP que se autodefine coma "rexionalista". O mais lóxico é que todo isto confluira nun partido galeguista de centro.

Logo temos por outro lado o Encontro Irmandinho de Beiras Esquerda Nacionalista e Izca(todos do BNG), que representan a unha nova esquerda do S.XXI. Estes o lóxico é que se xunten para facer un partido de esquerdas independentista mais renovador.

Despois temos a UPG ( union do povo galego) e o MGS ( Movemento Galego ao Socialismo). Estes son os sectores comunistas do BNG, polo que creo que deberían confluir xunto con partidos de fora do BNG nun partido de corte independentista e comunista.

Despois está todo o movemento independentista de fora do BNG, representado na FPG( Fronte Popular Galega) de Mendez Ferrín, Nós-UP, PCPG( Partido Comunista do Povo Galego) e decenas de organizacións.

En resumo, como vedes a división e as microorganizacións están a orde do día. Dende o meu punto de vista vexo que o sector de Beiras, xunto co de quintana e aymerich(mais galiza), Partido Nacionalista Galego e diversos colectivos vanse xuntar coma se rumorea para crera un novo partido nacionalista de centro esquerda.

Despois quedan dentro do BNG UPG e MGS, que ou ben continuan pola sua conta, ou renovan o BNG integrando colectivos da esquerda independentista. Enfin, non sei o que pasará, pero o que está claro é que se abre unha nova xeira para o nacionalismo deste país.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-12-2012, 10:07 PM
Galicia: #5
RE: Escisión no B.N.G.
(02-12-2012 09:18 PM)Lestrade Escribiu:  Eu de política o xusto....non vou mentir...o meu compañeiro que e can vello,di que se o B.N.G. fose nacionalismo de dereitas,que tería mellores resultados...¿que opinades os que sabedes disto?

Eu estou igual ca ti, de política o xusto. Por loxica supoño que terían mas votos se fosen de dereitas, xa que a maioria da xente en galicia vota as dereitas.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-12-2012, 10:12 PM
Galicia: #6
RE: Escisión no B.N.G.
Si,iso ta craro.....Galicia e moi de dereitas...pero inda así non sei se o nacionalismo de dereitas funcionaría aquí...
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-12-2012, 10:26 PM
Galicia: #7
RE: Escisión no B.N.G.
Home a ver iso de que a maioría vota a dereita é relativo. O voto do PP no total do censo electoral representa a un 33%, polo que na minha opinion non é maioría. Outra cousa que a lei electoral sexa moi inxusta.

Eu creo que fan falta un partido independentista unitario o estilo BNG, e outro mais de centro e centro-dereita o estilo PNV. Iso representaría a todas as sensibilidades do galeguismo.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-12-2012, 10:35 PM
Galicia: #8
RE: Escisión no B.N.G.
Como son en Cataluña?, C.I.U e E.R.C. que ideoloxía teñen cada un?,porque alá si que lles votan os deles....anque craro....tamén Cataluña ten máis diputados,aqui se fose a mesma proporción de voto nas autonómicas ca nas xerais,podería haber 3 ou 4 do B.N.G. no Congreso.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-12-2012, 10:52 PM
Galicia: #9
RE: Escisión no B.N.G.
Pois mira, en Catalunya está CIU que leva millón e medio de votos( unha salvaxada) e son nacionalistas de dereitas. Están formados por convergencia i unió. Convergencia son nacionalistas mais moderados, e unió, os cuais son maioritarios representan o independentismo burgués. O seu electorado é maioritariamente independentista.

Logo está ERC que son independentistas de esquerdas.

Despois están as CUP ( Candidaturas de Unitat Popular), que son independentistas e socialistas, e son a unión de diversos colectivos xuvenís e diversos partidos. Están medrando expectacularmente e nas últimas municipais levaron milleiros de votos e sacaron 100 concelleiros

Tamén está IPC-LV ( Iniciativa per Catalunya Los Verds), no cual confluen independentistas ecoloxistas e esquerda unida. Teñen representación no parlamento catalán creo que con 13 deputados.

Despois están pequenos partidos comunistas e independentistas e ademais Plataforma Per Catalunya, un partido xenófobo de extrema-dereita o cal ten varios concelleiros en diversos concellos. A sua ideoloxía derivou cara o nacionalismo racista catalán.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-14-2012, 12:15 PM
Galicia: #10
RE: Escisión no B.N.G.
O que non sei e como fará agora o alcalde de Teo,dado que el goberna polo B.N.G. e se deixou a partido...¿terá que renunciar a alcaldía ou poderá seguir dado que a acta e súa?,en todo caso,sempre lle poderían facer unha moción de felicidad os do propio B.N.G. e presentar a outro candidato apoiados polo P.S.O.E... a ver como queda a cousa....
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
Enviar resposta 


Salto de foro:


Usuario(s) navegando neste tema: 1 convidado(s)

  • Anunciarse (En Construcción)
  • Métricas (En Construcción)