Tenda Quecarallo


Enviar resposta 
 
Cualificación:
  • 1 votos - 3 Media
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Baloncesto galego.

06-03-2011, 09:44 PM
Galicia: #1
Baloncesto galego.
Para falar de todo o relacionado co noso baloncesto,masculino ou femenino,de ACB,LEB,EBA ou Autonómica......

Obradoiro na ACB!!!!!!!!!!!!!!!
De novo Galicia na ACB!!!!
Felicidades campions!!!!
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
06-05-2011, 01:55 PM
Galicia: #2
RE: Baloncesto galego.
bueno, digamos que xa podian ter ascendido directo pra que o Breogán tamen voltase a estar arriba e non foran eliminados nos play off, peeero... agora tocará ir a Santiago a ver un pouquiño de ACB ^^
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
06-06-2011, 06:24 PM
Galicia: #3
RE: Baloncesto galego.
Oxalá se puidesen repetir aqueles maravillosos anos con 3 equipos galegos na A.C.B. pero está difícil a cousa.....
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
06-06-2011, 11:38 PM
Galicia: #4
RE: Baloncesto galego.
oh, e cales eran eses anos e equipos? manda chover, que eu non sepa isto...
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
06-08-2011, 07:10 AM (Esta mensaxe foi modificada por última vez no: 06-08-2011 07:12 AM por Lestrade.)
Galicia: #5
RE: Baloncesto galego.
Pois vamos a ver......se non me equivoco entre as tempadas 1989/90 e 1993/94 oubo 3 equipos galegos na máxima categoría (das cidades de Ourense,Lugo e Ferrol) con diferentes nomes (cousa habitual no baloncesto),e case sempre nos postos medio-baixos.

Salientar o Coren Ourense que foi 2 veces oitavo nas tempadas 1992/93 e 1993/94 e o OAR Ferrol que foi décimo na 1991/92.

Xa choveu dende aquela.....
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
06-08-2011, 10:45 PM
Galicia: #6
RE: Baloncesto galego.
mi ma, eu dakela era unha miñoka inconsciente, agora xa evolucionei ^^
en baloncesto masculino a verdade e que imos ben fodidos, se non fora polo Obra...
a categoria mais alta que seguin este ano foi LEB ORO co Breogán, perdín por completo o fio de como ia LEB PLATA co Basket Coruña, e sigo indignada con que desaparecera o equipo de leb de vigo ¬¬ pero e que agora estan a desaparecer moitos equipos pola crise... e xa non te conto como esta o panorama no baloncesto feminino... pero temos moitos mais ekipos femeninos arriba Smile aínda en LF ao Celta e o Extrugasa, xa podíamos ter algun equipo inda que fora de LF2 na Coruña... en Ferrol o universitario, Santiago Pio XII, pontevedra Airexa, Ourense Carmelitas e Pabellón, e en Lugo o Ensino, pra estar no curruncho noroeste non esta mal ^^
xa non me lembrava do OAR de Ferrol... mi ma... cousa mítica. Inda que pra mítico o Tabacaleras, iso si que é historia ^^
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
06-09-2011, 09:08 AM
Galicia: #7
RE: Baloncesto galego.
O baloncesto galego agora mesmo o máximo nivel pódese dicir que hai 2 nomes por riba de tódolos demáis....Fran Vázquez nos homes e Tamara Abalde nas mulleres....se preguntas por outros,pouca xente che poderá dicir nomes,tamén hai unha base na selección española chamada Ouviña,de pai galego,e non sei por onde anda outra das grandes promesas como e Antelo.....

Que tempos aqueles de Romay,Manel Sánchez,Aldrey,Abalde.....
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
06-09-2011, 01:01 PM
Galicia: #8
RE: Baloncesto galego.
Home falando de individualidades, temos aos rapaces estancados nas canteiras... polo menos ao meu parecer, porque claro, agora é mellor traerte a un do congo de dous metros que supostamente ten 14-15-16 anos e parece o pai de alguns seniors... que traballar ben coa canteira...
as esperanzas están emerxendo, temos a Jonatan Barreiro por exemplo...
e no caso feminino, Cristina Oubiña que é unha fenómena, ten ben pouco de galega(é o pai do pai o verdadeiro galego^^) Abalde por desgracia cae da lista da absoluta ¬¬ e logo polas categorias bases pois non nos podemos queixar, temos á xogadora mais grande, Leyre Carrascosa, que mide dous metros(a nosa Romay en feminino) e María Centeno, unha xogadora espectacular, das que lle gusta o show time, no Celta, están coa selección española tamén (categorías inferiores) e logo no Ensino temos á pivot Claudia Calvelo, que ten xa 2 medallas de prata e 2 de ouro coa seleccion u-16 u-18, e a escolta Arantxa Mallou, que ten un físico abraiante, unha auténtica potencia... estas últimas xogando en LF2 polo momento
Gardemos esperanza home, maloserá que non teñan sona nun futuro non moi lonxano ^^
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
06-09-2011, 07:17 PM (Esta mensaxe foi modificada por última vez no: 06-09-2011 07:50 PM por Lestrade.)
Galicia: #9
RE: Baloncesto galego.
Xa non me lembraba de Carrascosa....había outro Barreiro que tamén apuntaba maneiras con 15-16 anos que era de Santiago,e o final acabou xogando na L.E.B e agora penso que anda polo Arzúa....pero xa se sabe.....moitos son os chamados e poucos os escollidos..... Smile

Pois a ver se nun futuro próximo comezan a verse tanto na Liga masculina coma na femenina e na Selección a xente daqui,porque eu anque sigo igual a selección española de baloncesto (a de fútbol non),se están Fran Vázquez ou Tamara Abalde nelas sígoas máis...... Smile

Inda me lembro tamén daquel partido entre as Seleccións galegas e Xapón....
E a todo isto......a ver en que queda esa chorrada que ta saíndo estos dias nos xornais de que as mulleres vanlles meter roupa ceñida para aumentar o interés polo baloncesto feminino.....
Da gusto ver que inda hai cabezas pensantes que pensan que e mellor ter 1.000 aficionados babexando e dicindo animaladas ca 200 que lles interese o deporte...... Sad
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
06-09-2011, 08:42 PM
Galicia: #10
RE: Baloncesto galego.
gustaríame ver tamen aos homes ahí con bodis paketeros... ¬¬ pero bueno, personalmente, a min dame igual que ropua nos pongan pra xogar sempre que non sexa unha faltada claro ... o problema é ke a publicación brusca desta nova seña sen falalo co comite de xogadoras, xuntándoo co sexista de "pra ke aumente o interés polo baloncesto feminino..." crea un maior rechazo nas propias xogadoras, e resulta indignante pensar ke agora kando saiamos a xogar esten a miralo cu/tetas a meirande parte dos "novos espectadores" en lugar de estar porque gustache o baloncesto...
ala xa enfadei... asi ke agora toca velo BBB-FCB ^^
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
Enviar resposta 


Posibles temas similares...
Tema: Autor Respostas: Vistas: Última mensaxe
  Momentos épicos para o deporte galego GalizaCeive 5 221 05-10-2012 03:30 PM
Última mensaxe: Capitan
  Fútbol galego Delkicio 58 4.717 03-15-2012 02:02 PM
Última mensaxe: Lestrade
  ¿Que opcións lle vedes á España de baloncesto no Mundial? SERGIO DJALMA 3 587 09-10-2010 11:56 PM
Última mensaxe: SERGIO DJALMA

Salto de foro:


Usuario(s) navegando neste tema: 1 convidado(s)

  • Anunciarse (En Construcción)
  • Métricas (En Construcción)