Tenda Quecarallo


Enviar resposta 
 
Cualificación:
  • 0 votos - 0 Media
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Asociación Galega de Jugger -AGJ-

01-29-2011, 02:57 PM (Esta mensaxe foi modificada por última vez no: 01-29-2011 02:59 PM por Lébor Corbalis.)
Galicia: #1
Information Asociación Galega de Jugger -AGJ-
Benvidos á

[Imaxe: seloagjletra.png]
[Imaxe: logo_2_agj.png]
Ésta é unha iniciativa moi ambiciosa que leva tempo na mente de moitos ante a realidade de non contar cunha asociación rexistrada, seria e comprometida. Sen dúbida terá moito traballo por diante, anos de esforzo e sufrimento, de progreso e sacrificio; algo que será ben recompensado grazas a todos aqueles que nos apoien.

O obxectivo desta asociación, de carácter “cultural-recreativo non lucrativo”, é achega-lo deporte coñecido como "Jugger" a tódalas idades, así coma promover, fomentar, cultivar e mesmo amplia-lo seu "mundo" e tamén xuntar a tódolos grupos, equipos e asociacións sobre Jugger da nosa terra nun mesmo e forte colectivo.
Celebraranse diversas actividades (xuntanzas, obradoiros, partidos, torneos, ligas, conversas, festas, asembleas…), ben sexa na rúa coma noutros locais habilitados da Asociación Galega de Jugger.


A fundación e comezo desta asociación ten lugar na cidade da Coruña, mais o noso obxectivo é contar con xente comprometida ca estenda por toda Galicia, facendo medra-la asociación tanto nas cidades coma nos pobos e aldeas. Alí onde vivan os fans do Jugger poderá existir a asociación, levando consigo tódalas actividades e acontecementos programados.
Tamén lembrar dicir que agardamos contar co apoio doutras institucións, asociacións, tendas e concellos e demais gobernos de Galicia (e outros) que axuden á nosa empresa. Empresa de todos.
¡Agardámosvos!

Unha aperta a todos. Grazas polo voso interese e apoio.
----------------------------------------------------------------------
------>>> ¡Descarga o documento da Presentación nesta ligazón (PDF)! <<<------
----------------------------------------------------------------------
[Imaxe: seloagjletra.png]
jugger.galicia@gmail.com
http://juggergalicia.comze.com/
+ DATOS DO ACONTECEMENTO:
Cita:
    · Xornada: "II Mostra de Jugger"
    · Lugar: Parque Europa, A Coruña
    · Data: Sábado 29 de xaneiro de 2011
    · Hora: 17:00
Pra este sábado 29 temos pensado facer a "II Mostra de Jugger" pra todos aqueles, xente nova ou "novata", que queiran coñecer e iniciarse no Jugger, en colaboración coa Asociación DRACO que levará algún xogador e a a maior parte do material de xogo.
Graciñas Draco por esta enorme colaboración.

O campo de xogo será o Parque Europa, preto de Catro Camiños, na Coruña. A xornada comeza ás 5 da tarde (pra aproveitar as horas de luz) ata ás 7 polo menos, algo máis se aínda temos luz (na cancha de baloncesto hai focos) e a xente segue con ganas.
-----------------------------------------------------------------
[Imaxe: seloagjletra.png]
jugger.galicia@gmail.com
Visita seu sitio web Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-29-2011, 03:17 PM
Galicia: #2
RE: Asociación Galega de Jugger -AGJ-
Que é o jugger?
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-29-2011, 04:49 PM
Galicia: #3
RE: Asociación Galega de Jugger -AGJ-
http://es.wikipedia.org/wiki/Jugger

esto es.

xDD que brutal, me gusta´ria ver un partido de eso xDDDD

http://youtu.be/yedD4JsZyT0
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-29-2011, 04:55 PM
Galicia: #4
RE: Asociación Galega de Jugger -AGJ-
Ostia!!!,parece que pode tar ben!!,hai que probalo!! Smile
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-29-2011, 05:02 PM
Galicia: #5
RE: Asociación Galega de Jugger -AGJ-
Tiene buena pinta ^^
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-29-2011, 06:06 PM
Galicia: #6
RE: Asociación Galega de Jugger -AGJ-
ostia pois parece estar ben o xogo....

Se non podes axudar molesta,o importante e participar Sleepy
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-29-2011, 07:49 PM
Galicia: #7
RE: Asociación Galega de Jugger -AGJ-
Si que tiene buena pinta

Cita:El origen del pensamiento está en el desacuerdo, no sólo con los demás, sino con nosotros mismos.
Visita seu sitio web Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-29-2011, 08:36 PM
Galicia: #8
RE: Asociación Galega de Jugger -AGJ-
Coma agora os universitarios están de exames acudiu moi pouca xente, mesmo algúns que ian ir non foron xD por estar durmidos ou rebentados da noite anterior. Pero bueno, practicamos un pouco os catro gatos que fumos.
Na nosa web podedes ver algunhas fotos (nun futuro moi próximo teremos a un fotógrafo encargado de sacalas ben pra amosalas sen problema).

A semana que ven, o máis probable o domingo pola tarde, faremos a III Mostra de Jugger; esta vez con moita máis xente e persoal, con xuíces (árbitros). ¡Así que xa sabedes! Vide o domingo que ven, que as mostras son pra ensinar á xente qué é o Jugger e como se xoga.
Estade atentos ó noso espazo web e, se vos cunde, vos pasades por Corua pra xogar Wink (a partir de verán xa estará extendida a nosa asociación por outras partes de Galicia, co obextivo de chegar a toda ela).
Visita seu sitio web Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
01-29-2011, 08:50 PM
Galicia: #9
RE: Asociación Galega de Jugger -AGJ-
Tiene pinta de ser divertido.

Cita:El origen del pensamiento está en el desacuerdo, no sólo con los demás, sino con nosotros mismos.
Visita seu sitio web Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
02-13-2012, 09:35 PM
Galicia: #10
RE: Asociación Galega de Jugger -AGJ-
Eu vin un domingo en coruña uns partidos de jugger e son curiosos XD como di un amigo meu, unha mestura entre irmandiños e o rugby jajaja iso si, tamén vin cada personaxe xogando que madre mía XD non por mal, friki eu son a primeira, é que algún tomábao demasiado en serio, ó meu parecer, parecía que ían matar a alguén Tongue
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
Enviar resposta 


Posibles temas similares...
Tema: Autor Respostas: Vistas: Última mensaxe
  A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela) GalizaCeive 20 886 12-29-2011 02:09 AM
Última mensaxe: GalizaCeive
  ¿Haberá Selección Galega no 2.010? Lestrade 6 1.225 03-09-2011 12:44 AM
Última mensaxe: Lestrade
  Selección Galega Vs Palestina . Haberá Partido de Nadal!! GalizaCeive 2 529 12-26-2010 12:50 AM
Última mensaxe: GalizaCeive

Salto de foro:


Usuario(s) navegando neste tema: 1 convidado(s)

  • Anunciarse (En Construcción)
  • Métricas (En Construcción)