Ano 2012 será o ano Celso Emilio Ferreiro |
|
01-04-2012, 04:28 PM
|
|||
|
|||
|
Ano 2012 será o ano Celso Emilio Ferreiro
A min persoalmente sempre foi dos que mais me marcou. Ese libro Longa Noite de Pedra ou o poema Deitado fronte o mar son brutais. Ademais foi un dos galegos mais internacionalistas e comprometidos ca terra. Que opinión tendes sobre el?. Non credes que os nosos autores están pouco valorados na terra e sen embargo no extranxeiro son xoias en bruto?. Deixo aquí un texto e várias cancións baseadas en escritos del : Ano 2012, ano Ferreiro : http://xerais.blogaliza.org/2012/01/02/2...-ferreiro/ |
|||
|
01-04-2012, 04:43 PM
|
|||
|
|||
|
RE: Ano 2012 será o ano Celso Emilio Ferreiro
Pois si....este 2.012 será adicado a unha das grandes figuras da nosa literatura,autor desa gran obra chamada Longa noite de pedra ou Viaxe ao pais dos ananos.
E xa a partires deste ano hai dous grandes tamén esperando o seu turno,Carlos Casares e Roberto Vidal Bolaño,ambos deixáronnos no ano 2.002... |
|||
|
01-04-2012, 06:25 PM
|
|||
|
|||
|
RE: Ano 2012 será o ano Celso Emilio Ferreiro
|
|||
|
01-05-2012, 02:54 PM
|
|||
|
|||
|
RE: Ano 2012 será o ano Celso Emilio Ferreiro
Moi boa esa Lestrade
. A verdade que conhecendo a nosa cultura e os nosos autores si ten razón a xente de fora que che di que é da máis rica de europa...
|
|||
|
01-05-2012, 02:59 PM
|
|||
|
|||
|
RE: Ano 2012 será o ano Celso Emilio Ferreiro
Este si era un intelectual como dios manda.
|
|||
|
01-05-2012, 03:48 PM
(Esta mensaxe foi modificada por última vez no: 01-05-2012 03:50 PM por Lestrade.)
|
|||
|
|||
|
RE: Ano 2012 será o ano Celso Emilio Ferreiro
Un dos meus poemas preferidos de Longa noite de pedra:
FABULA DO HOME E DO LOBO 1 Un home saíu fuxindo da cidá en chamas e colleu o camiño dos outeiros, nas aforas, onde estaban os pazos dos poderosos. Levaba dúas bombas de mau penduradas ao cinto e unha metralleta fumegante. Correu coma un tolo até que deixouse caír sin folgos ao pé dun salgueiro, após de ollar cara a lonxanía, na fronteira da noite, onde se fitaba o resprandor do lume, semellante a un mencer remoto e sanguiñento. Pouco a pouco durmíuse baixo as outas estrelas, namentras ao seu rente sopraba o sapo a súa frauta máxica e un coro de grilos orquestaba a súa cantiga 2 Polo carreiro que se perdía na negrura de noite, achegouse paseniño un lobo que tiña o don da fala humá, como seica pasaba nos tempos milenarios do comezo do mundo. E chamoulle: Irmau home. -Eu non son teu irmau, nin quero selo -Eres meu irmau, anque a dor de sabelo róache a entrana. Eres meu irmau e só eisí comprendo ise amencer de lume na cidá remota. -É a guerra. Ti non podes entendelo. A guerra é a dinámica dos nosos ideales. A guerra polo honor, pola libertá, pola civilización. -De abondo te entendo. Matádesvos por palabras- -Si, palabras que son semente dun mundo mellor -Cala. Decides que loitades polo honor e lixádesvos de oprobio. Decides que loitades pola libertá e atades con cadeas aos enemigos. decides que defendedes a civilización e destruídela. Home, que inventaches a lóxica, ¿ Que lóxica é isa? -A forza é o brazo armado da lóxica. O home percisa da forza e da lóxica -Xa sei. A lóxica percisala para xustificar a forza; e a forza percisala pra impor a túa lóxica. -¿ Con que dereito me falas esí; tu, lobo que matas polo instinto primario de vivir? -E tu matas somente por vesania homicida. -Nascemos bos, pero o mundo fainos malos. -Vellas prosas desacreditadas. O mundo é malo porque está feito por ti. -Son un ser superior -O primeiro entre os animales de presa -non me coñeces. Si souperas do meu corazón atormentado pensarías doutro xeito -Houbo unha persoa que dixo que canto máis te coñecía máis aprecio lle tiña ao seu can. 3 A noite fíxose sonora coma o mar. O sapo frautista acompasaba a súa canción no contrapunto dos grilos. Un vento madrugador enfiaba o mimo do seu voo levián nas ponlas do albre. De súpeto a mañá abría as súas portas á gracia do sol e comezaron a dourarse os cumes dos outeiros e as azules lonxanías. Un barullo de paxaros xurdiu do bosque, e os camiños enchéronse de rumores de moitedumes que fuxían da cidá pasada a lume e ferro. O home das bombas e da metralleta ergueuse, despreguizouse, e seguiu correndo. |
|||
|
01-05-2012, 03:51 PM
|
|||
|
|||
|
RE: Ano 2012 será o ano Celso Emilio Ferreiro
Achados dous poemas de Celso Emilio Ferreiro
http://gavieira.blogspot.com/2011/12/ach...milio.html O 2012 celebrarase o centenario do nacemento Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) e cincuentenario da publicación de Longa noite de pedra. Que a obra de Celso Emilio segue a dar sorpresas exemplificao o achado de dous poemas: O Mozo e O atraco. O primeiro é totalmente inédito e está na liña de Prá mocidade (en Viaxe ao país dous ananos) e O revolucionario (en Cimenterio privado). Ramón Nicolás, un dos principais expertos na obra do poeta, dátaos a comezos da década dos setenta. O atraco, apareceu na revista Correo de Galicia, en Bos Aires en 1969, pero non foi incluído na edición de hai uns anos da Obra poética galega. Cheos de actualidade Resulta imposible non relacionar ambolos dous poemas inéditos con feitos tan actuais como ou movemento dos indignados. De igual modo, Longa noite de pedra, malia chegar aos cincuenta anos, é un libro cheo de actualidade, segundo Nicolás, ademais de ocupar un lugar fundamental na poesía galega de todos os tempos. Proporcionoulle celebridade, musicáronse ducias de poemas do libro, reeditouse innumerables ocasións, abriulle ou camiño aos lectores peninsulares mais tamén foi, indirectamente, responsable dunha lectura unívoca dá súa obra e agocha outras facetas creativas, coido que moi relevantes nel, como a narrativa, conclúe. ------------------- |
|||
|
« Tema previo | Tema seguinte »
|
Usuario(s) navegando neste tema: 1 convidado(s)


Inicio
Búsqueda
Facebook
Twitter
Chat
Axenda de Concertos
Axuda






. A verdade que conhecendo a nosa cultura e os nosos autores si ten razón a xente de fora que che di que é da máis rica de europa...

Sindicación RSS
Arquivo (Modo sinxelo)
Problemas? / Suxestións
Contáctanos
Anunciarse (En Construcción)
Métricas (En Construcción)