Tenda Quecarallo


Enviar resposta 
 
Cualificación:
  • 0 votos - 0 Media
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)

12-13-2011, 12:31 PM (Esta mensaxe foi modificada por última vez no: 12-13-2011 12:32 PM por GalizaCeive.)
Galicia: #1
A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)
Pois iso, este 23 de Decembro, a selección galega xogará novamente un partido comandado por Siareir@s Galeg@s, xa que a Xunta do PP renegou desta totalmente. Será autoxestionada por este grupo de rapazes e este ano enfrontaranse a República Árabe Saharahui Democrática, aproveitando a ocasión para mandar un forte apoio o pobo do Sáhara. Desputarase na localidade de Teo. Eiquí deixo a programación :

( Tamén deixo o video promocional do Partido ) :


ACTIVIDADES:

Durante a tarde, a partires das 16:00hh. haverá um aberto de bilharda da autêntica, luita galega, umha carpa DJ e um espaço Saaraui com diferentes actividades.

MANIFESTAÇOM:

As 19:00hh. sairá a manifestaçom nacional do campo de futebol de Cacheiras, baixo a legenda: “Siareir@s Galeg@s, XV anos luitando polas selecçons nacionais!”.

JOGO:

As 20:30 no campo de futebol de Cacheiras dará começo o jogo no que Galiza se enfrentará à RASD. A equipa galega estará conformada por jogadoras e jogadores de diferentes categorias baixo a direcçom de Pilar Neira. Nos vindeiros dias confirmaremos os nomes das jogadoras e jogadores convocad@s e que defenderám as nossas cores.

CONCERTO:

Para finalizar a jornada organizaremos um concerto no Campo da Festa de Cacheiras. Contaremos com a actuaçom 4 grupos: Invivo (Metal-Cru, Compostela), Contra as Cordas (Hardcore, Ourense), Bastards on Parade (Punk-folk, A Corunha) e Opció K-95 (Punk-Oi!, Barcelona – Països Catalans).
http://siareirasgalegas.blogaliza.org/20...ro-em-teu/


Por certo, adestradores estarán Pilar Neira seleccionadora da seleccion galega feminina e Fernando Vázquez.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
12-13-2011, 02:13 PM
Galicia: #2
RE: A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)
pero a selecion galega que e unha peña non?eu tamen podo facer unha selecion galega o caso e xuntar 11
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
12-13-2011, 02:34 PM
Galicia: #3
RE: A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)
pois xa sabes, busca campo, busca xogador@s, arbitros, xente que vaia velo, organiza todo. Pola contra se falas dunha peña que encheu Riazor, San Lazaro e Balaidos pois...vaia penha!.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
12-13-2011, 02:40 PM
Galicia: #4
RE: A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)
a xente vai por ke despois hai festa,senon ke fagan solo o partido aver canta xente xuntan
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
12-13-2011, 02:46 PM
Galicia: #5
RE: A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)
e que festa hai despois?. E inda que houbera en todo caso eu se vou pola festa vou despois a festa diretamente, ademais de que os concertos que hai son de grupos pequenos e non coñecidos. A xente que enche riazor para ver un partido contra Ecuador ou Balaidos para ver un partido contra Camerún vai porque apoia esa selección, e iso demostrouse nestes últimos anos.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
12-13-2011, 11:31 PM
Galicia: #6
RE: A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)
Isto....¿que equipo e ese de RASD?
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
12-13-2011, 11:52 PM
Galicia: #7
RE: A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)
Está arriba posto, República Árabe Saharahui Democrática, ousexa, o Sáhara.
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
12-13-2011, 11:59 PM
Galicia: #8
RE: A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)
Ah!!,non me fixara.....e vindes a miña terra a xogar....o mesmo campo onde xogan os de football americano....interesante....se me lembro igual me paso a ver...
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
12-20-2011, 12:32 PM
Galicia: #9
RE: A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)
É este Venres!!

Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
12-20-2011, 12:35 PM (Esta mensaxe foi modificada por última vez no: 12-20-2011 12:46 PM por Lestrade.)
Galicia: #10
RE: A Selección Galega Xogará en Cacheiras-Teo ( Compostela)
Home....xa de paso se fas o favor dime a hora.... Tongue

Por certo....¿tivo algo que ver que no Concello goberne o B.N.G. para escollelo para este partido? Smile

P.D: Perdón!!,ando atontado!!!,xa vín todo...ou sexa....un equipo mixto entendo,non?

P.D.2 : ¿Sábese xa o nome d@s xogador@s ou inda se están xestionando?
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
Enviar resposta 


Posibles temas similares...
Tema: Autor Respostas: Vistas: Última mensaxe
Information Asociación Galega de Jugger -AGJ- Lébor Corbalis 11 1.499 02-14-2012 10:33 AM
Última mensaxe: Lébor Corbalis
  ¿Haberá Selección Galega no 2.010? Lestrade 6 1.225 03-09-2011 12:44 AM
Última mensaxe: Lestrade
  Selección Galega Vs Palestina . Haberá Partido de Nadal!! GalizaCeive 2 529 12-26-2010 12:50 AM
Última mensaxe: GalizaCeive
  ¿Cal credes que é a mellor selección de fútbol da historia? Lestrade 5 1.025 10-07-2010 03:42 PM
Última mensaxe: Bubitch

Salto de foro:


Usuario(s) navegando neste tema: 1 convidado(s)

  • Anunciarse (En Construcción)
  • Métricas (En Construcción)