Tenda Quecarallo


Enviar resposta 
 
Cualificación:
  • 0 votos - 0 Media
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?

07-19-2010, 03:57 AM
Galicia: #1
¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?
Pois iso,gustaríame dado o vago que estou,facer escapadas máis curtas,a 50-60 km de Santiago como moito,a sitios como:parques naturais,praias fluviais,pontes,castros,fortalezas,castelos,miradores,fervenzas,rutas de muiños,parques eólicos,dunas,illas....etc,etc.Moitas gracias de antemán!!
Cita esta mensaxe na túa resposta
07-19-2010, 09:58 AM
Galicia: #2
RE: ¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?
Ben!!!! un de Santiago!!!!
Eu cando quero facer escapadas "bucólicas" adoito ir á Illa de Arousa, botei dous anos case vivindo alí por estudios e segue sendo xenial, hai un mirador na cima de todo impresionante. Logo chegando a ela hai un sitio que se chama Faro das Lúas, e vese toda a ría cando fai bo día, ademais ten mesas para ir comer en plan picnic. O Parador de Cambados é precioso, ademais polo porto hai un illote cunha torreta de pedra derruida, que o único acceso é unha sinxela ponte de pedra PRECIOSO Heart. Máis escondida hai unha igrexa que actualmente está medio derruida, ten tumbas antropomórficas e é o típico cemiterio con lápidas preciosas con estatuas de anxos e semellantes.
Tes o castro de Baroña antes de chegar a Porto do Son.
Unha área recreativa moi bonita cun río cerquiña de Sigüeiro.
A ponte do Ulla en Vedra, unha chulada.
Hai unha ruta de muiños de Auga cerca de Carral, nun sitio que se chama Costa da Égoa.
Por suposto a Costa da Morte, cada rincón.
Hai unha ruta de senderismo pola Pobra do Caramiñal, é bastante durecha, pero ao ir subindo atópaste cascadas naturais feitas no leito da pedra polo río, con cabalos,vacas e cabras salvaxes, vistas de toda a ría de arousa incribles.
E polo de agora nese rango de kilómetros non se me ocorre máis.
Visita seu sitio web Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
07-19-2010, 02:42 PM
Galicia: #3
RE: ¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?
OK!!,gracias veciña Smile ,hoxe ireime a Ponte Ledesma,ás illa de Gres e a Merza,teño estado en Gundián,pola vía do tren,a ponte vella e no alto do monte unha especie de castro restaurado,en Sigueiro tamén estiven,Pontevea,A Burga,o Xirimbao,Ximonde,Tapia,Lampai,parque eólico de Tordoia,Barro,Pico Sacro,monte Pedroso....etc,etc.O problema destes sitios é que moitos son pouco publicitados,por exemplo en Santiago,o mirador do Pedroso non está sinalizado,e a fortaleza da Rocha non sei como estará,pero fai uns anos índa tiña 4 cousas pa ver....,para a semana a ver se todo sáe ben e fago unha máis larga a Monforte de Lemos....
Cita esta mensaxe na túa resposta
07-27-2010, 12:40 AM
Galicia: #4
RE: ¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?
Esta semana fíxenme uns 800 km viaxando por Galicia,a sitios coma: Carballo,Malpica,Negreira,Muxia,Cee,Carnota,Dumbría,Camariñas,Boqueixón,Brión,Vi​la de Cruces,Pobra do Brollón,Monforte de Lemos...e vendo cousas coma as Torres de Altamira,o museo do Alemán en Camelle,hórreo de Carnota,mirador do Ézaro,Faro de Cabo Vilán,Illas de Gres,Ponte Ledesma,Ponte Maceira,Torre da Homenaxe de Monforte....pero o que non fun capaz de atopar foi o cemiterio dos ingleses,seguín os letreiros,pero nada,asi coma co santuario do Corpiño en Lalín....,ta craro que o meu sentido da orientación satúrase ás veces e non vé algo índa que o teña diante dos ollos... Smile
Cita esta mensaxe na túa resposta
07-27-2010, 01:26 PM
Galicia: #5
RE: ¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?
sempre quixen visitar bretoña en lugo, polo seu significado mistico para os rituais celtas ;-)

Cando naces ti choras e todos os demáis rien, vive de xeito que cando morras sexan os demáis os que choren
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
07-27-2010, 01:36 PM
Galicia: #6
RE: ¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?
Eu o corpiño tampouco o vin, pero ao cemiterio dos ingleses leváranme coa escola, e a verdade é que era moi bonito. E había as herbas de namorar. Eu acerqueima ata a área recreativa de Sigüeiro e onte acerceime á zona de Esteiro, que é unha praia moi curriña e ademais teño uns amigos de alí. Smile
Hoxe toca praia de Baldaio
Visita seu sitio web Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
07-27-2010, 08:44 PM
Galicia: #7
RE: ¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?
Ui!!,pois se hai herbas de namorar outra razón máis para intentar atopalo!!,e xa de paso vou buscar un saco para enchelo delas!! Smile ,preguntei por MSN a unha persoa da zona,pero craro...é moi fácil po que vive alí...non ten perda!!,chegas a aldea de tal,colles no segundo cruce á esquerda,despois á dereita,chegas á praia e o lado dereito alí está!! (explicación simulada),pero algún dia atopareino....a área de Sigueiro índa non fun,a pesares de quedarme cerca,e haber andado por Sigueiro,teño entendido que é unha illa no rio,o mesmo que as de Gres-Ponte Ledesma,que son 5 unidas por pontes....,por Esteiro tamén pasei,pero de paso pola carretera,índa que o que teño pendente dende fai tempo son as Fragas do Eume,pero neste país para ír de centros comerciais,sóbrame xente,pero para andar pola natureza ten que ser a punta de escopeta....e índa así hai quen prefire que aprete o gatillo... Smile
Cita esta mensaxe na túa resposta
07-28-2010, 03:30 PM
Galicia: #8
RE: ¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?
onte estiven nun pobiño, que de santiago igual vos queda algo lonxe, pero merece a pena visitar, vilariño de conso un recuncho da natureza preto da gudiña totalmente virxe, precioso apsear polos seus montes teño ganas de ir en inverno e velo nevado

Cando naces ti choras e todos os demáis rien, vive de xeito que cando morras sexan os demáis os que choren
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
07-29-2010, 12:55 AM
Galicia: #9
RE: ¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?
Ningún sitio de Galicia queda lonxe abondo se merece a pena de visitar!! Smile ,tomo nota!!,muito obrigado!!,lástima de volver ó traballo e agora ter que facer escapadas cada moito outra vez.... Sad , pero fai falla traballar,senón con que lle boto a gasolina ó coche!! Smile ,mireino no DEGU,para a pouquiña xente que ten,ten unha extensión enorme...iso gústame....
Cita esta mensaxe na túa resposta
07-30-2010, 12:58 AM
Galicia: #10
RE: ¿Algunha recomendación para escapadas á natureza ou sitios con algo de historia?
o que me encanta é perderme neses montes, ou bueno o que me encantou, repetirei pero teño escapadas previas por facer ;-) este finde toca a comarca de valdeorras

Cando naces ti choras e todos os demáis rien, vive de xeito que cando morras sexan os demáis os que choren
Atopa tódalas súas mensaxes
Cita esta mensaxe na túa resposta
Enviar resposta 


Posibles temas similares...
Tema: Autor Respostas: Vistas: Última mensaxe
  Para los de Ourense!! angela 6 232 04-02-2012 01:36 PM
Última mensaxe: angela
  Posibles lugares para escapada á Natureza..... Lestrade 22 2.146 04-02-2012 10:22 AM
Última mensaxe: Rahakanariwa
  Kdd en vigo, pero sin mariconadas de abandonos de última hora, para Enero dresiss 10 525 12-20-2011 08:43 AM
Última mensaxe: dresiss
  ¿Como vedes unha quedada para facer unha escapada á natureza? SERGIO DJALMA 62 4.886 11-21-2011 03:39 PM
Última mensaxe: Lunaris
  Para cando outra kdd? Kirenenko 204 16.086 10-21-2011 03:24 PM
Última mensaxe: moiska

Salto de foro:


Usuario(s) navegando neste tema: 1 convidado(s)

  • Anunciarse (En Construcción)
  • Métricas (En Construcción)